Universidade de Vigo

Achegarse á sociedade é esencial para dar a coñecer a nosa actividade investigadora, espertar vocacións científicas e aumentar o interese pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Desde o 2018 organizamos cada ano unha “Xornada de Portas Abertas” na que ofrecemos a todos os públicos a oportunidade de visitar as nosas instalacións e coñecer o traballo das investigadoras e os investigadores do centro.

Durante a xornada “Conecta con atlanTTic” o persoal encárgase de amosar como é o seu día a día realizando demostracións e presentacións de proxectos de investigación para achegar ao público, dun xeito ameno e interactivo, as principais liñas de traballo no ámbito das telecomunicacións e dos servizos dixitais.

Xornadas de Portas Abertas dos últimos anos

Xornada de Portas Abertas 2023

Xornada de Portas Abertas 2022