Universidade de Vigo

O principal activo de atlanTTic son as persoas. A atracción, desenvolvemento e retención do talento investigador resultan decisivos para garantir os elevados niveis de recoñecemento e impacto da nosa actividade. Máis alá dos aspectos puramente relacionados coa excelencia científica, os nosos valores inclúen aspectos como a integridade científica, a ética, a igualdade, a inclusión e a diversidade.

Emprego

Ofertas de emprego:

Non hai ofertas de emprego neste momento.

Formación académica

Desde atlanTTic colaboramos coa Universidade de Vigo, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no desenvolvemento e xestión de diferentes programas de formación en tecnoloxías de vangarda. Gran parte do noso persoal coordina ou forma parte do panel docente destes estudos especializados, destinados a ofrecer unha formación moderna, de calidade e cunha profunda visión práctica que permita alcanzar unha investigación de excelencia a nivel nacional e internacional.