Universidade de Vigo

Participamos nas diversas actividades de divulgación científica que organiza a Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo dentro do plan anual de “Ciencia de ida e volta”. Algúns destes eventos son, por exemplo, a expo-feira ‘A ciencia que vén ten nome de muller’ e a ‘G-Night, Noite Galega das Persoas Investigadoras’.