O Centro

atlanTTic é o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación impulsado pola Universidade de Vigo (Galicia, España). Asentado no campus universitario vigués, atlanTTic desenvolve a súa actividade científica no ámbito da privacidade e a seguridade, as tecnoloxías multimedia, as redes de datos, os e-servizos, a bioenxeñaría, o radar, as comunicacións por satélite e, en xeral, as comunicacións radio e ópticas. Con máis de 160 profesionais, leva a cabo un intenso labor investigador e de transferencia con participación en varios proxectos H2020, diversos premios e recoñecementos ao seu labor, e distinguidos membros dalgunhas das academias e sociedades científicas e profesionais máis recoñecidas.

Background
145

2019 Publicacións
anuais

3.3

Millóns de €
2019 (I+D)

179

Proxectos e Contratos
nos últimos 5 anos

160

2019 Profesionais

26

(%) Porcentaxe
proxectos internacionais sobre o total de proxectos (últimos 5 anos)

Nos últimos 5 anos, o Centro captou máis de 179 contratos e proxectos de investigación, dos que o 26% dos proxectos son convocatorias europeas ou internacionais. atlanTTic combina a súa excelencia investigadora, cunha alta capacidade de transferencia do coñecemento tecnolóxico ao mercado como mostran os 27 contratos e proxectos I+D activos durante o pasado ano.

Así mesmo, atlanTTic aposta pola formación e captación de talento novo. Dende o Centro coordínanse varios programas de posgrao e particípase en actividades e seminarios que ofrecen unha contorna internacional competitiva para a formación de novos investigadores.