Universidade de Vigo

Día Internacional da Muller. 8M 2022

O Día Internacional da Muller, 8-M, debe ser unha xornada de reflexión e de visibilización, por iso queremos compartir os nomes e as historias dalgunhas investigadoras célebres que, aínda sendo visionarias, non gozaron de recoñecemento na súa época. Por que non dárllelo na nosa?

Ada Lovelace

Unha destas mulleres referentes é Ada Lovelace (1815-1852), matemática británica á que hoxe recoñecemos como a primeira programadora da historia e a que puxo en marcha o algoritmo informático. Como dato curioso, tamén foi a única filla lexítima de Lord Byron. Coñecías a Ada Lovelace?

Mileva Marić

Seguindo co noso percorrido e recoñecemento ás grandes mulleres da historia e a tecnoloxía, máis nomes volven á nosa memoria. Falamos agora de Mileva Marić (1875-1948), unha matemática serbia coñecida tamén como Mileva Einstein, xa que foi a primeira esposa de Alfred Einstein.

Máis alá do seu matrimonio, Mileva Marić foi a súa compañeira profesional e algúns din que coautora en diversos estudos, como o do efecto fotoeléctrico ou o da Teoría da Relatividade; e si, ela tamén merecía o Nobel.

Hedy Lamarr

Unha muller á que, sen dúbida, deberíamos agradecer estar escribindo e lendo este texto: Hedy Lamarr (1914-2000). Por que? Esta muller austriaca é a coautora da primeira versión do espectro ensanchado, un estudo que actualmente se recoñece como o precursor das redes inalámbricas.

O seu nome só se coñece por ser unha grande actriz (participou en películas como Éxtasis ou A miña espía favorita) ou por ter sido unha das mulleres máis fermosas do mundo. Nembargantes, a partir de hoxe agardamos que o seu labor científico, igual que o de tantas outras mulleres, se teña na mesma estima e, por suposto, se mencione na súa biografía.