Esta mañá celebramos unha ‘Xornada en Igualdade’ co obxectivo de achegarnos ás políticas de igualdade da Universidade de Vigo e á perspectiva de xénero na I+D+i das TIC, e tamén para coñecer as inquedanzas do persoal do centro. Ao encontro asistiron tanto persoal docente como investigador, e puideron intercambiar opinións, experiencias e expuxeron propostas para afrontar determinadas situacións, ademais de participar en dinámicas de grupo.
Na cita interviñeron cos seus correspondentes relatorios, Mar F. Cendón, técnica da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, e a investigadora de atlanTTic e docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Soledad Torres.