REFERENCIA DA OFERTA 0825-153597
Data inicio solicitudes | 21/04/2025 |
Data fin solicitudes | 05/05/2025 |
Contrato de duración determinada: 4,5 meses
Traballo a realizar:
Implantación de novos sistemas de comunicación cuántica, para comunicación por fibra e compatibles co espazo libre e comunicación por satélite. A idea é ter un sistema que se basee en QKD ou en comunicación cuántica directa independente da canle utilizada.
Funcións a realizar:
- Ler literatura científica no campo da comunicación cuántica e sistemas de distribución de claves cuánticas (QKD).
- Implantación de novos sistemas de comunicación cuántica en fibra e compatibles co espazo libre.
- Deseño e implantación de tarxetas electrónicas para o sistema.
- Simulación do comportamento do protocolo nunha canle de fibra.
- Caracterización e implantación no sistema dos compoñentes ópticos, é dicir, láser, detectores de fotón único, etc..
Titulación requirida: Grao o Mestrado en Ciencias ou Enxeñería, como Física, Matemáticas, ou Enxeñería de Telecomunicación.
Retribución bruta mensual: 2.250,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: