Universidade de Vigo

Análise experimental da seguridade dos protocolos de distribución cuántica de clave. Ref. 1025-151968

REFERENCIA DA OFERTA 1025-151968

Data inicio solicitudes  12/05/2025
Data fin solicitudes  23/05/2025

Contrato de duración determinada: 3 meses

Traballo a realizar:

Investigador senior dedicado á análise experimental da seguridade dos protocolos de distribución cuántica de clave.

Funcións a realizar:

  • Ler literatura científica na área da comunicación cuántica e dos sistemas cuánticos de distribución de clave.
  • Analizar a seguridade destes sistemas e desenvolver unha metodoloxía para a súa certificación fronte a imperfeccións.
  • Producir publicacións científicas que acrediten investigacións independentes.
  • Dotar un laboratorio experimental para á análise de seguridade e certificación de sistemas cuánticos de distribución de clave.
  • Manter o equipamento do laboratorio en bo estado de funcionamento.
  • Comunicarse co soporte técnico central e contratistas externos.

Titulación requirida: Título universitario de doutor preferentemente nas áreas de Física, Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Electrónica ou Óptica.

Retribución bruta mensual: 3.450,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 28 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 10/25  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN