Universidade de Vigo

Analizar a seguridade das implementacións dos protocolos cuánticos de distribución de clave. Ref. 1025-151987

REFERENCIA DA OFERTA 1025-151987

Data inicio solicitudes  12/05/2025
Data fin solicitudes  23/05/2025

Contrato de duración determinada: 2 meses e medio

Traballo a realizar:

Analizar a seguridade das implementacións dos protocolos cuánticos de distribución de clave.

Funcións a realizar:

  • Ler literatura científica na área das comunicacións cuánticas e os sistemas cuánticos de distribución de clave.
  • Analizar a seguridade das implementacións dos sistemas cuánticos de distribución de clave tendo en conta as imperfeccións típicas dos dispositivos.
  • Deseñar sistemas de distribución cuántica de clave que sexan máis robustos fronte ás imperfeccións dos seus dispositivos.
  • Realizar simulacións numéricas sobre o rendemento (é dicir, a taxa de clave secreta fronte a distancia) destes sistemas en función das imperfeccións dos seus dispositivos.

Titulación requirida: Título universitario de Doutor preferiblemente nas áreas de Física, Óptica, Matemáticas, ou Enxeñería de Telecomunicación.

Retribución bruta mensual: 3.600,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 10/25  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN