REFERENCIA DA OFERTA 1025-152984
Data inicio solicitudes | 12/05/2025 |
Data fin solicitudes | 23/05/2025 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar:
Apoio ao Centro de Investigación atlanTTic en tarefas de promoción, xustificación e impulso á excelencia
Funcións a realizar:
- Apoio na promoción, configuración e elaboración de propostas a convocatorias competitivas de ámbito nacional e internacional.
- Apoio en tarefas relacionadas coa xestión do talento: identificación de convocatorias nacionais e internacionais, perfilado de candidaturas, scouting de potenciais persoas candidatas, preparación de propostas.
- Apoio na elaboración de inventarios de activos transferibles, infraestruturas de investigación e servizos tecnolóxicos.
- Soporte á organización e desevolvemento de actividades de promoción e outreach do centro.
- Apoio nas labores de monitorización e seguemento da actividade cientifica do centro.
- Apoio á actividade da unidade de promoción da investigación do centro.
Titulación requirida: Licenciado/a, graduado/a ou equivalente. Nivel de inglés mínimo: B2, Marco Común Europeo de Referencia (válido tamén o anexo «CERTIFICACIONES PARA ACREDITAR LOS
CONOCIMIENTOS DE IDIOMAS» publicado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no ano 2021).
Retribución bruta mensual: 2.400,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: