Universidade de Vigo

Seguridade das implementacións dos protocolos cuánticos de distribución de clave. Ref. 1525-158137

REFERENCIA DA OFERTA 1525-158137

Data inicio solicitudes  18/07/2025
Data fin solicitudes  01/08/2025

Contrato de duración indefinida

Traballo a realizar:

Analizar a seguridade das implementacións dos protocolos cuánticos de distribución de clave.

Funcións a realizar:

  • Ler literatura científica na área das comunicacións cuánticas e os sistemas cuánticos de distribución de clave.
  • Analizar a seguridade das implementacións dos sistemas cuánticos de distribución de clave tendo en conta as imperfeccións típicas dos dispositivos.
  • Deseñar sistemas de distribución cuántica de clave que sexan máis robustos fronte ás imperfeccións dos seus dispositivos.
  • Realizar simulacións numéricas sobre o rendemento (é dicir, a taxa de clave secreta fronte a distancia) destes sistemas en función das imperfeccións dos seus dispositivos.

Titulación requirida: Título universitario de Doutor preferiblemente nas áreas de Física, Óptica, Matemáticas, ou Enxeñería.

Retribución bruta mensual: 3.600,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 15/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN