Universidade de Vigo

Coordinación da área de deseño e desenvolvemento de sistemas electrónicos. Ref. 1725-161390

REFERENCIA DA OFERTA 1725-161390

Data inicio solicitudes  17/09/2025
Data fin solicitudes  30/09/2025

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Coordinación da área de deseño e desenvolvemento de sistemas electrónicos.

Funcións a realizar:

  • Xestión de proxectos de I+D de hardware e electrónica: liderar e supervisar a organización, o control das actividades e equipo ao seu cargo.
  • Colaborar con áreas internas e clientes externos para especificar e desenvolver dispositivos intelixentes e produtos electrónicos: identificación e definición de necesidades, formulación e deseño de solución, implementación, documentación, seguimento e reporte etc.
  • Desenvolver e executar estratexias de negocio para a parte de desenvolvemento e sistemas que impulsen a innovación e melloren a eficiencia operativa.
  • Xerar estándares de deseño e implementación que garantan o correcto funcionamento e rendemento dos sistemas en todo o seu ciclo, asegurando a calidade e integridade dos mesmos.
  • Xestión do ciclo de vida dos sistemas existentes, engadindo novas funcionalidades e evolucionando as actuais. Implementar ciclos de desenvolvemento de mellora continua.
  • Establecer e manter relacións sólidas con provedores e socios tecnolóxicos clave.

Titulación requirida: Titulación Universitaria de Mestrado, licenciatura ou enxeñería Electrónica, Industrial, Telecomunicación ou
similar. Nacionalidade española, ou de algún Estado membro da OTAN ou da UE (mínimo 3 anos).

Retribución bruta mensual: 4.333,34 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.50 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 17/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN