Universidade de Vigo

Deseño dun sistema VLEO de observación da terra para a loita contra incendio (ICAROS). Ref. 0925-152032

REFERENCIA DA OFERTA 0925-152032

Data inicio solicitudes  28/04/2025
Data fin solicitudes  12/05/2025

Contrato de duración determinada: 18 meses e 15 días

Traballo a realizar:

Desenvolvemento da parte CFD para o deseño e prototipado dunha plataforma satelital de órbita terrestre moi baixa (VLEO) con cargas útiles ópticas e sistemas de propulsión.

Funcións a realizar:

  • Realizar a configuración e simulación CFD das distintas partes do satélite para analizar a interacción co fluxo residual e a aerodinámica en VLEO, integrando subsistemas, cargas útiles e o sistema de propulsión.
  • Verificar o comportamento aerodinámico e a transferencia de calor por fricción coa atmosfera residual, garantindo o cumprimento dos requisitos mediante análises CFD.
  • Deseñar estratexias de control aerodinámico e avaliar a influencia da dinámica de fluídos na estabilidade e control térmico de subsistemas, cargas útiles e propulsión.
  • Garantir as marxes de seguridade en VLEO a partir dos resultados CFD e validar estes mediante prototipos ou maquetas, documentando análises e xustificación de deseños aerodinámicos e térmicos.

Titulación requirida: Bacharelato/FP2

Retribución bruta mensual: 1.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 20 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 09/25  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN