REFERENCIA DA OFERTA 0925-152033
Data inicio solicitudes | 28/04/2025 |
Data fin solicitudes | 12/05/2025 |
Contrato de duración determinada: 18 meses e 15 días
3 prazas
Traballo a realizar:
Desenvolvemento da parte mecánica e térmica para o deseño e prototipado dunha plataforma satelital de órbita terrestre moi baixa (VLEO) con cargas útiles ópticas e sistemas de propulsión
Funcións a realizar:
- Deseñar as estruturas do satélite para a integración de subsistemas, cargas útiles e propulsión.
- Verificar, a partir dos requisitos da plataforma e das cargas útiles, o cumprimento mediante análises estruturais.
- Deseñar o control térmico para garantir a estabilidade e operatividade dos sistemas integrados.
- Avaliar os requisitos térmicos mediante simulacións para asegurar o seu cumprimento.
- Desenvolver un prototipo para a integración de diversos sistemas satelitais e documentar as análises estruturais e térmicas, xustificando os deseños mecánicos e de xestión térmica.
Titulación requirida: Bacharelato/FP2
Retribución bruta mensual: 1.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 20 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: