Universidade de Vigo

Deseño dun sistema VLEO de observación da terra para a loita contra incendio (ICAROS). Ref. 0925-152034

REFERENCIA DA OFERTA 0925-152034

Data inicio solicitudes  28/04/2025
Data fin solicitudes  12/05/2025

Contrato de duración determinada: 18 meses e 15 días

3 prazas

Traballo a realizar:

Desenvolvemento de enxeñaría de sistemas para o deseño e prototipado dunha plataforma satelital de órbita terrestre moi baixa (VLEO) con cargas útiles ópticas e sistemas de propulsión.

Funcións a realizar:

  • Definir os requisitos da plataforma satelital e os seus compoñentes, incluíndo as cargas útiles.
  • Deseñar a arquitectura do sistema e as interfaces entre os sistemas ópticos, propulsión e satélite para a súa correcta implementación.
  • Dimensionar os orzamentos do sistema óptico e a integración de propulsión e satélite, considerando balance de enlace, consumo e datos.
  • Seleccionar produtos COTS para a construción da plataforma e establecer requisitos estruturais para a integración coa propulsión e a carga útil óptica.
  • Desenvolver documentación para todas as fases de enxeñaría e verificar o cumprimento de requisitos durante o deseño, fabricación e validación dos compoñentes.

Titulación requirida: Bacharelato/FP2

Retribución bruta mensual: 1.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 20 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 09/25  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN