REFERENCIA DA OFERTA 0824-127962
Data inicio solicitudes | 12/04/2024 |
Data fin solicitudes | 18/04/2024 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar
Deseño, desenvolvemento e documentación de software/hardware.
Funcións a realizar
- Na área SW: participar en todo o ciclo de vida do software, centrándose na codificación e a depuración. Crear código reutilizable e bibliotecas para uso futuro. Depurar e validar o software desenvolvido.
- Na área HW: Deseño de PCBs, posta en marcha e validación de prototipos. Deseño de esquemas electrónicos mediante cálculos teóricos e simulacións. Selección de compoñentes electrónicos.
Participación no deseño de FMEAs, así como na simulación de probas de ciclo de vida e durabilidade para PCBs. Documentar e reportar as tarefas realizadas e os avances de desenvolvemento achegando información clave sobre as solucións adoptadas, probas e resultados esperados.
Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica en Informática, Telecomunicacións, Electrónica Industrial, Matemáticas ou similar.
Retribución bruta mensual: 1.625,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: