Universidade de Vigo

Deseño e desenvolvemento SW/HW para sistemas TIC en contorna naval. Ref.1024-131023

REFERENCIA DA OFERTA 1024-131023

Data inicio solicitudes  03/05/2024
Data fin solicitudes  09/05/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

Deseño, desenvolvemento e documentación de software.

Funcións a realizar

  • Participar en todo o ciclo de vida do software, centrándose na codificación e a depuración.
  • Crear código reutilizable e bibliotecas para uso futuro.
  • Depurar e validar o software desenvolvido.
  • Documentar e reportar as tarefas realizadas e os avances de desenvolvemento achegando información crave sobre as solucións adoptadas, probas e resultados esperados.

Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica en Informática, Telecomunicacións, Matemáticas, Industriais ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 10/24 POR TRAMITACIÓN DE URXENCIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN