Universidade de Vigo

Deseño e desenvolvemento SW/HW para sistemas TIC en contorna naval. Ref. 1325-154660

REFERENCIA DA OFERTA 1325-154660

Data inicio solicitudes 26/06/2025
Data fin solicitudes  09/07/2025

Contrato de duración indefinida

Traballo a realizar:

Programador junior con experiencia: deseño, desenvolvemento, documentación e despregamento de solucións software

Funcións a realizar:

  • Participar en todo o ciclo de vida do software, centrándose na codificación e a depuración.
  • Crear código reutilizable e bibliotecas para uso futuro.
  • Depurar e validar o software desenvolvido.
  • Colaborar coas partes interesadas para comprender os seus requisitos e as necesidades de desenvolvemento

Titulación requirida: Titulación universitaria: grao ou enxeñería técnica Informática, Telecomunicación ou similar. Nacionalidade española, ou de algún Estado membro da OTAN ou da UE (mínimo 3 anos).

Retribución bruta mensual: 2 000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 13/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN