Universidade de Vigo

Deseño e desenvolvemento SW/HW para sistemas TIC en contorna naval. Ref. 1424-132918

REFERENCIA DA OFERTA 1424-132918

Data inicio solicitudes  20/06/2024
Data fin solicitudes  27/06/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

Deseño, desenvolvemento, documentación e despregamento de solucións software.

Funcións a realizar

  • Participar en todo o ciclo de vida do software, centrándose na codificación e a depuración.
  • Crear código reutilizable e bibliotecas para uso futuro.
  • Depurar e validar o software desenvolvido.
  • Administración, configuración e aplicación de sistemas en arquitecturas de clúster.
  • Desenvolver procesos e mellorar as operacións do servizo, sistemas de almacenamento e procesamento de datos.
  • Garantir a seguridade, calidade e integridade da información mediante a aplicación de prácticas adecuadas de gobernanza e xestión de datos.
  • Colaborar coas partes interesadas para comprender os seus requisitos e as necesidades de desenvolvemento.

Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica Informática, Telecomunicación ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 14/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN