Universidade de Vigo

Desenvolvemento de ferramentas de detección de AI xenerativa. Ref. 1924-137216

REFERENCIA DA OFERTA 1924-137216

Data inicio solicitudes  06/09/2024
Data fin solicitudes  12/09/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

A persoa contratada incorporarase ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) para traballar no proxecto FAIR-Y como parte do equipo de investigación. A persoa contratada contribuirá á investigación e desenvolvemento de técnicas para rastrexar imaxes en diversas redes sociais e aplicacións de mensaxería.

Funcións a realizar

  • Estudo da bibliografía sobre temas relacionados coa trazabilidade de imaxes en diferentes redes sociais.
  • Desenvolvemento de novos algoritmos baseados en propiedades e/ou intelixencia artificial para a trazabilidade de imaxes en diferentes redes sociais e aplicacións de mensaxería.
  • Implementación, proba e avaliación do rendemento destes algoritmos dentro do sistema final.

Titulación requirida: Máster ou equivalente en Enxeñaría Eléctrica/Telecomunicación, Informática, Matemáticas ou similar.

Retribución bruta mensual: 1.440,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 30 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 19/24 POR TRAMITACIÓN DE URXENCIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN