Universidade de Vigo

Espacio experimental definido por software, dinámico y actualizable, para redes 6G ultradensas. DEN6. Ref. 0524-126484

REFERENCIA DA OFERTA 0524-126484

Data inicio solicitudes 05/03/2024
Data fin solicitudes 11/03/2024

Contrato de duración determinada: 8 meses e 15 días

Traballo a realizar

Tarefas de soporte á investigación, instalación configuración e mantemento de equipos, instalación configuración e mantemento de software, desenvolvemento de software para sistemas integrados e distribuidos, sistemas edge, virtualización lixeira.

Tarefas de investigación e desenvolvemento en tecnoloxías de comunicación sen fíos.

Funcións a realizar

– Soporte ao deseño e instalación de equipos informáticos e de rede.
– Soporte ao deseño e configuración de software.
– Soporte ás tarefas de investigación.
– Deseño e desenvolvemento de software.
– Tarefas de xestión de proxectos.
– Tarefas de seguimento da execución do proxecto.
– Contacto con provedores e seguimento da entrega de equipamento.
– Tarefas de coordinación.
– Tarefas de validación de resultados.

Titulación requirida: Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos

Retribución bruta mensual: 1.600,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 05/24 POR TRAMITACIÓN DE URXENCIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN