Universidade de Vigo

Espacio experimental en frecuencias de ondas milimétricas para redes ultradensas 6G. mmDEN6. Ref. 2324-140314

REFERENCIA DA OFERTA 2324-140314

Data inicio solicitudes  18/10/2024
Data fin solicitudes  24/10/2024

Contrato de duración determinada: 6 meses

Traballo a realizar

Tarefas de investigación e desenvolvemento en tecnoloxías 5G no ámbito das redes e os sistemas intelixentes.

Funcións a realizar

  • Investigación en novas tecnoloxías no marco das redes 5G/6G.
  • Desenvolvemento en novas tecnoloxías no marco das redes 5G/6G.
  • Desenvolvemento de redes 5G/6G, con un foco especial nas redes intelixentes.
  • Investigación e desenvolvemento en analítica de datos.
  • Investigación e desenvolvemento en intelixencia artficial.
  • Investigación e desenvolvemento en procesos e control de procesos.
  • Investigación e desenvolvemento de tecnoloxías de xestión de rede.
  • Deseño de infraestruturas e arquitecturas.
  • Redacción de documentación.
  • Reunións de planificación.
  • Xestión de equipo de investigación e desenvolvemento.
  • Xestión de proxecto.
  • Liderado e publicación de artigo

Titulación requirida: Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación

Retribución bruta mensual: 3.500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 23/24  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN