Universidade de Vigo

FACENDO PLUS: Factory competitiveness and electromobility through innovation and digital transformation plus Ref. 2324-140317

REFERENCIA DA OFERTA 2324-140317

Data inicio solicitudes  18/10/2024
Data fin solicitudes  24/10/2024

Contrato de duración determinada: 6 meses

2 prazas

Traballo a realizar

Tarefas de investigación e desenvolvemento en tecnoloxías 5G aplicadas á industria e á automoción.

Funcións a realizar

  • Investigación en novas tecnoloxías no marco das redes 5G/6G.
  • Desenvolvemento en novas tecnoloxías no marco das redes 5G/6G.
  • Desenvolvemento de redes 5G/6G, con un foco especial na súa aplicación na industria e no sector da automoción.
  • Desenvolvemento de demostradores.
  • Deseño de arquitecturas.
  • Programación de Android e sistemas integrados.
  • Programación de sistemas de Intelixencia Artificial.
  • Novas interfaces de usuario.
  • Redacción de documentación.
  • Reunións de planificación.
  • Xestión de equipo de investigación e desenvolvemento.
  • Xestión de proxecto.
  • Liderado e publicación de artigos

Titulación requirida: Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación. Non ter vinculación laboral coa Universidade de Vigo desde o 01/03/2023 ata o día de inicio deste contrato, por ser requisito da axuda concedida para a realización do proxecto.

Retribución bruta mensual: 3.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 23/24  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN