Universidade de Vigo

Implantación de novos sistemas de comunicación cuántica. Ref. 161036

REFERENCIA DA OFERTA 1725-161036

Data inicio solicitudes  17/09/2025
Data fin solicitudes  30/09/2025

Duración do contrato: 9 meses

Traballo a realizar:

Implantación de novos sistemas de comunicación cuántica, para comunicación por fibra e compatibles co espazo libre e comunicación por satélite. A idea é ter un sistema que se basee en QKD ou en comunicación cuántica  directa independente da canle utilizada

Funcións a realizar:

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:

  • Ler literatura científica no campo da comunicación cuántica e sistemas de distribución de claves cuánticas (QKD).
  • Implantación de novos sistemas de comunicación cuántica en fibra e compatibles co espazo libre.
  • Deseño e implantación de tarxetas electrónicas para o sistema.
  • Simulación do comportamento do protocolo nunha canle de fibra.
  • Caracterización e implantación no sistema dos compoñentes ópticos, é dicir, láser, detectores de fotón único, etc..

Titulación requirida: Grao ou Mestrado en Física, Matemáticas, ou Enxeñería.

Retribución bruta mensual: 2.250,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.50 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 17/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN