REFERENCIA DA OFERTA 1025-151971
Data inicio solicitudes | 12/05/2025 |
Data fin solicitudes | 23/05/2025 |
Contrato de duración determinada: 2 meses e medio
Traballo a realizar:
Integración e supervisión de diferentes sistemas de comunicación cuántica no espazo libre, tanto entre dúas estacións terrestres como entre unha estación terrestre e un satélite.
Funcións a realizar:
- Ler literatura científica no campo da comunicación cuántica e sistemas de distribución de claves cuánticas (QKD).
- Implantación dunha estación terrestre satelital para comunicación cuántica.
- Deseño e implantación de tarxetas electrónicas para o sistema.
- Proba de emisor e receptor para a comunicación cuántica en espazo libre.
- Caracterización e implantación no sistema dos compoñentes ópticos, é dicir, láser, detectores de fotón único, etc…
- Implantación do sistema para un posible lanzamento de satélites.
- Supervisión de diferentes posibles estudantes de doutoramento no ámbito das comunicacións cuánticas por satélite.Implantación do sistema para un posible lanzamento.
Titulación requirida: Título universitario de Grao preferiblemente nas áreas de Física, Óptica, Matemáticas, ou Enxeñería.
Retribución bruta mensual: 3.166,66 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: