Universidade de Vigo

Investigación en seguridade para 5G e posteriores. Ref. 1624-135688

REFERENCIA DA OFERTA 1624-135688

Data inicio solicitudes  04/07/2024
Data fin solicitudes  10/07/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

Detección de intrusións colaborativa, eficiente e que preserve a privacidade para comunicacións 6G.

Funcións a realizar

  • Investigación en detección de intrusións colaborativa e baseada en anomalías, e tecnoloxías de preservación da privacidade.
  • Publicacións en revistas.
  • Investigación en aprendizaxe federado para a detección de anomalías.
  • Investigación na integración da computación multipartita e a encriptación homomórfica.
  • Construír unha visión holística e detectar intrusións cunha baixa taxa de falsos positivos e falsos negativos en contraste cos sistemas non intelixentes de referencia.
  • Implementar prototipos en dispositivos baseados en Linux (portátiles), dispositivos de borde e embebidos.
  • Desenvolver algoritmos de ML, considerando a sobrecarga computacional.
  • Asistir a reunións.
  • Redactar documentación.
  • Deseñar software e validar.
  • Xestionar o proxecto.

Titulación requirida: Mestrado en enxeñaría de Telecomunicación, Informática ou similar (satisfacer requisitos para cursar doutoramento)

Retribución bruta mensual: 2.694,44 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 16/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN