Universidade de Vigo

Investigador científico sénior en tecnoloxía de comunicación cuántica. Ref. 1725-161042

REFERENCIA DA OFERTA 1725-161042

Data inicio solicitudes  17/09/2025
Data fin solicitudes  30/09/2025

Duración do contrato: 8 meses

Traballo a realizar:

Investigador científico sénior en tecnoloxía de comunicación cuántica.

Funcións a realizar:

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:

  • Xestionar o traballo dun laboratorio de tecnoloxía cuántica, centrándose principalmente nas tarefas do día a día.
  • Solicitar axudas de investigación nacionais e internacionais.
  • Supervisión da adquisición de material científico.
  • Deseño e supervisión da instalación dun laboratorio de tecnoloxía cuántica.
  • Investigación de novos protocolos cuánticos para implementar experimentalmente.
  • Supervisión da redacción e publicación dos resultados científicos en revistas científicas.
  • Redacción de informes para proxectos europeos.
  • Soporte de laboratorio para as diferentes tarefas que involucran ataques e contramedidas a sistemas QKD.

Titulación requirida: Título universitario de doutor preferentemente nas áreas de Física, Matemáticas, Óptica ou Enxeñaría

Retribución bruta mensual: 5.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37,50 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 17/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN