REFERENCIA DA OFERTA 1725-161044
Data inicio solicitudes | 17/09/2025 |
Data fin solicitudes | 30/09/2025 |
Duración do contrato: 8 meses
Traballo a realizar:
Investigador sénior dedicado á análise experimental da seguridade dos protocolos de distribución cuántica de clave.
Funcións a realizar:
As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:
- Ler literatura científica na área da comunicación cuántica e dos sistemas cuánticos de distribución de clave.
- Analizar a seguridade destes sistemas e desenvolver unha metodoloxía para a súa certificación fronte a imperfeccións.
- Producir publicacións científicas que acrediten investigacións independentes.
- Dotar un laboratorio experimental para á análise de seguridade e certificación de sistemas cuánticos de distribución de clave.
- Manter o equipamento do laboratorio en bo estado de funcionamento.
- Comunicarse co soporte técnico central e contratistas externos.
Titulación requirida: Título universitario de doutor preferentemente nas áreas de Física, Enxeñaría ou Óptica.
Retribución bruta mensual: 3.450,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 28,00 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: