REFERENCIA DA OFERTA 1225-154448
Data inicio solicitudes | 07/06/2025 |
Data fin solicitudes | 20/06/2025 |
Duración indefinida
Traballo a realizar:
A persoa contratada incorporarase ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para traballar no proxecto TRUFFLES como parte do equipo de investigación.
A persoa contratada contribuirá á investigación e implementación de algoritmos de aprendizaxe federada con garantías de privacidade.
Funcións a realizar:
- Deseño de métodos criptográficos de agregación segura.
- Implementación dos métodos desenvolvidos e medida de rendemento.
Titulación requirida: Doutoramento en Enxeñaría Eléctrica/Telecomunicación, Informática, Matemática ou similar.
Retribución bruta mensual: 2.400,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: