REFERENCIA DA OFERTA 1624-135552
Data inicio solicitudes | 04/07/2024 |
Data fin solicitudes | 10/07/2024 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar
A persoa contratada incorporarase ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para traballar no proxecto TRUFFLES como parte do equipo de investigación.
A persoa contratada contribuirá á investigación e implementación de métricas de privacidade baseadas na información mutua en escenarios de aprendizaxe federada.
Funcións a realizar
- Investigación en métricas de privacidade.
- Implementación das métricas resultantes con ferramentas de aprendizaxe automática.
- Xeración de artigos para conferencias e revistas.
Titulación requirida: Doutoramento en Enxeñaría Eléctrica/Telecomunicación, Informática, Matemática ou similar.
Retribución bruta mensual: 2.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: