REFERENCIA DA OFERTA 2624-142770
Data inicio solicitudes | 19/11/2024 |
Data fin solicitudes | 25/11/2024 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar:
A persoa contratada incorporarase ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para traballar no proxecto europeo TRUMPET como parte do equipo de investigación. Coliderará á investigación de métodos baseados en cifrado homomórfico e privacidade diferencial para a aprendizaxe automática, e á definición de métricas de privacidade en entornos de aprendizaxe federada.
Funcións a realizar:
- Investigación no deseño de primitivas criptográficas para mellorar a privacidade da aprendizaxe federada.
- Investigación en métricas de privacidade específicas de entornos de aprendizaxe federada.
- Supervisión da implementación e proba dos métodos resultantes de cifrado, agregación e cálculo, e avaliación do seu impacto na privacidade dos datos.
- Deseño de experimentos para probar o rendemento dos algoritmos e protocolos desenvolvidos.
- Investigación de posibles optimizacións para implementacións eficientes.
- Elaboración de publicacións científicas e entregables do proxecto.
- Representación da UVigo nas reunións de proxecto.
Titulación requirida: Doutoramento en Enxeñaría Eléctrica/Telecomunicación, Informática, Matemática ou similar.
Retribución bruta mensual: 2.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: