Universidade de Vigo

Modelado e predición do rendemento de hardware de comunicacións. Ref. 1424-132924

REFERENCIA DA OFERTA 1424-132924

Data inicio solicitudes  20/06/2024
Data fin solicitudes  27/06/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

Deseño e desenvolvemento de sistemas electrónicos avanzados.

Funcións a realizar

  • Participar en todo o ciclo de vida dos sistemas electrónicos: proposta, deseño, desenvolvemento e depuración das solucións, segundo os requisitos do proxecto.
  • Selección de compoñentes electrónicos e definición de arquitectura HW, con atención aos requisitos e normativa aplicable.
  • Deseño de esquemas electrónicos mediante cálculos teóricos e simulacións.
  • Deseño de PCBs, posta en marcha e validación de prototipos.
  • Revisión, creación e actualización de documentación de especificacións de compoñentes e sistemas.
  • Reporte de tarefas e avances achegando información crave sobre solucións, probas e resultados esperados.
  • Colaboración cos equipos de mecánica e SW no desenvolvemento de produto.

Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica Electrónica, Industrial, Telecomunicación ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 14/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN