Universidade de Vigo

Optimización da execución de aplicacións en contornas de sistemas de comunicacións navais. Ref. 1725-161388

REFERENCIA DA OFERTA 1725-161388

Data inicio solicitudes  17/09/2025
Data fin solicitudes  30/09/2025

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Deseño, desenvolvemento e documentación de software avanzado de backend.

Funcións a realizar:

  • Participar en todo o ciclo de vida do software, incluíndo a proposta, deseño, desenvolvemento e depuración das solucións, adecuándose aos requisitos do sistema.
  • Crear código reutilizable, robusto, flexible e adaptable, incluíndo bibliotecas para uso futuro, garantindo a súa adaptación a escenarios futuros.
  • Propoñer solucións a requisitos e casos de uso do sistema.
  • Garantir a seguridade de todo a contorna.
  • Xestionar tecnoloxías de vangarda para mellorar as aplicacións herdadas, utilizando diferentes linguaxes de programación optimizados segundo as necesidades detectadas.
  • Seguir as tecnoloxías emerxentes para propoñer aplicacións e integracións de valor sobre os produtos.
  • Documentar e reportar as tarefas realizadas e os avances de desenvolvemento achegando información crave sobre as solucións adoptadas, probas e resultados esperados.

Titulación requirida: Titulación Universitaria de Grao ou equivalente: enxeñería Informática, Telecomunicación, Matemáticas ou similar. Nacionalidade española, ou de algún Estado membro da OTAN ou da UE (mínimo 3 anos).

Retribución bruta mensual: 2.916,67 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.50 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 17/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN