Universidade de Vigo

Optimización da execución de aplicacións en contornas de sistemas de comunicacións navais. Ref. 1725-161389

REFERENCIA DA OFERTA 1725-161389

Data inicio solicitudes  17/09/2025
Data fin solicitudes  30/09/2025

Contrato indefinido.

Traballo a realizar:

Coordinación da área de deseño e desenvolvemento de software.

Funcións a realizar:

  •  Xestión de proxectos de desenvolvemento software: liderar tecnicamente e supervisar a organización, o control das actividades e equipo ao seu cargo.
  • Colaborar con áreas internas e clientes externos para especificar e desenvolver solucións SW: identificación e definición de necesidades, deseño de solución, implementación, documentación, seguimento e reporte etc.
  • Xerar estándares de implementación que garantan o correcto funcionamento e rendemento dos desenvolvementos en todo o seu ciclo, asegurando a calidade e integridade dos mesmos.
  • Escribir ferramentas de automatización para o mantemento de sistemas e aplicacións.
  • Xestión do ciclo de vida e mellora continua dos sistemas existentes, engadindo novas funcionalidades e evolucionando as actuais. Solución de problemas do sistema e resolución de problemas a través da plataforma e dominios de aplicación.
  • Axudar a resolver as necesidades empresariais con tecnoloxía avaliando diferentes opcións e posibles produtos de provedores.

Titulación requirida: Titulación Universitaria de Mestrado, licenciatura ou enxeñería Informática, Telecomunicación, Matemáticas ou
similar. Nacionalidade española, ou de algún Estado membro da OTAN ou da UE (mínimo 3 anos).

Retribución bruta mensual: 4.333,34 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.50 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 17/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN