REFERENCIA DA OFERTA 0324-125764
Data inicio solicitudes | 08/02/2024 |
Data fin solicitudes | 15/02/2024 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar
Deseño e desenvolvemento de sistemas electrónicos avanzados
Funcións a realizar
Participar en todo o ciclo de vida dos sistemas electrónicos: proposta, deseño, desenvolvemento e depuración das solucións, segundo os requisitos do proxecto
Selección de compoñentes electrónicos e definición de arquitectura HW, con atención aos requisitos e normativa aplicable
Deseño de esquemas electrónicos mediante cálculos teóricos e simulacións
Deseño de PCBs, posta en marcha e validación de prototipos
Participación no deseño de FMEAs, e na simulación de probas de ciclo de vida e durabilidade. Optimización de ensaios para PCBs
Revisión, creación e actualización de documentación de especificacións de compoñentes e sistemas. Reporte de tarefas e avances achegando información crave sobre solucións, probas e resultados esperados
Colaboración cos equipos de mecánica e SW no desenvolvemento de produto
Seguir as tecnoloxías emerxentes para propoñer solucións, aplicacións e integracións de valor sobre os produtos
Xestión con provedores: selección, compras e seguimento da calidade
Titulación requirida: grao, diplomatura ou enxeñería técnica Electrónica, Industrial, Telecomunicación ou similar.
Retribución bruta mensual: 2.250,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: tempo completo (37.5 h/semana)
Consulta toda a información no seguinte enlace: