Universidade de Vigo

Optimización hardware para comunicacións e computación eficiente. Ref. 0824-127970

REFERENCIA DA OFERTA 0824-127970

Data inicio solicitudes 12/04/2024
Data fin solicitudes 18/04/2024

Contrato indefinido

Traballo a realizar

Deseño e desenvolvemento de sistemas electrónicos avanzados.

Funcións a realizar

  • Participar en todo o ciclo de vida dos sistemas electrónicos: proposta, deseño, desenvolvemento e depuración das solucións, segundo os requisitos do proxecto.
  • Selección de compoñentes electrónicos e definición de arquitectura HW, con atención aos requisitos e normativa aplicable.
  • Deseño de esquemas electrónicos mediante cálculos teóricos e simulacións.
  • Deseño de PCBs, posta en marcha e validación de prototipos.
  • Participación no deseño de FMEAs, e na simulación de probas de ciclo de vida e durabilidade.
    Optimización de ensaios para PCBs. Revisión, creación e actualización de documentación de especificacións de compoñentes e sistemas.
  • Reporte de tarefas e avances achegando información clave sobre solucións, probas e resultados esperados.
  • Colaboración cos equipos de mecánica e SW no desenvolvemento de produto.
  • Seguir as tecnoloxías emerxentes para propoñer solucións, aplicacións e integracións de valor sobre os produtos.
  • Xestión con provedores: selección, compras e seguimento da calidade.

Titulación requirida: grao ou enxeñería técnica Electrónica, Industrial, Telecomunicación ou similar.

Retribución bruta mensual: 2.250,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 08/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN