Universidade de Vigo

Procesos de validación de sistemas embebidos HW. Ref. 1325-154680

REFERENCIA DA OFERTA 1325-154680

Data inicio solicitudes  26/06/2025
Data fin solicitudes  09/07/2025

Contrato de duración indefinida

Traballo a realizar:

Programador Senior: deseño, desenvolvemento e mantemento de sistemas embebidos.

Funcións a realizar:

  • Propoñer solucións a requisitos e casos de uso do sistema.
  • Garantir a seguridade de toda a contorna.
  • Xestionar tecnoloxías de vangarda para mellorar as aplicacións herdadas, utilizando diferentes linguaxes de programación optimizados segundo as necesidades detectadas.
  • Seguir as tecnoloxías emerxentes para propoñer aplicacións e integracións de valor sobre os produtos.
  • Crear código reutilizable, robusto, flexible e adaptable, incluíndo funcións e librerías para uso futuro, garantindo a súa adaptación a escenarios evolutivos.
  • Definir, realizar, analizar e documentar os procesos e test de proba.
  • Analizar erros e funcionamentos non previstos e propoñer solucións e adaptacións para satisfacer os requisitos do sistema.
  • Documentar tecnicamente e reportar os avances de desenvolvemento achegando información crave sobre as solucións adoptadas, probas e resultados esperados.
  • Acompañar o aprendizaxe e progreso dos perfís junior da área.

Titulación requirida: Titulación Universitaria de Grao ou Master: licenciatura ou enxeñería Informática, Telecomunicación, Matemáticas ou similar. Nacionalidade española, ou de algún Estado membro da OTAN ou da UE (mínimo 3 anos).

Retribución bruta mensual: 3 250,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 13/25 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN