REFERENCIA DA OFERTA 2224-137892
Data inicio solicitudes | 03/10/2024 |
Data fin solicitudes | 09/10/2024 |
Contrato indefinido
Traballo a realizar
Deseño, desenvolvemento e mantemento de sistemas embebidos
Funcións a realizar
- Crear código reutilizable, robusto, flexible e adaptable, incluíndo funcións e librerías para uso futuro, garantindo a súa adaptación a escenarios evolutivos.
- Definir, realizar, analizar e documentar os procesos e test de proba.
- Analizar bugs, erros e funcionamentos non previstos atopados durante as probas. Propoñer solucións e adaptacións para satisfacer os requisitos do sistema.
- Documentar tecnicamente e reportar as tarefas realizadas e os avances de desenvolvemento achegando información crave sobre as solucións adoptadas, probas e resultados esperados.
Titulación requirida: Titulación Universitaria de Máster ou equivalente: licenciatura ou enxeñería Informática, Telecomunicación, Matemáticas ou similar. Requisitos para solicitar HPS (de ser necesaria): Nacionalidade española, ou de algún Estado membro da OTAN ou da UE (mínimo 3 anos).
Retribución bruta mensual: 2.916,67 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 37.5 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: