Universidade de Vigo

Programa de comunicación cuántica-Galicia. Ref.1324-130473

REFERENCIA DA OFERTA 1324-130473

Data inicio solicitudes  05/06/2024
Data fin solicitudes  11/06/2024

Contrato de duración determinada: 10 meses

Traballo a realizar

Investigación experimental no hackeo cuántico de sistemas de comunicacións cuánticas.

Funcións a realizar

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:

  • Ler literatura científica na área da comunicación cuántica e dos sistemas cuánticos de distribución de clave.
  • Analizar a seguridade dos transmisores destes sistemas e desenvolver unha metodoloxía para a súa certificación fronte a imperfeccións.
  • Implementar un ataque de discriminación de estado inequívoco nun sistema de distribución de claves cuánticas unidireccional coherente.
  • Producir publicacións científicas que acrediten investigacións independentes.

Titulación requirida: Grao ou Mestrado en Ciencias ou Enxeñería, como Física, Matemáticas, ou Enxeñería de Telecomunicación.

Retribución bruta mensual: 2.250,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 13/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN