Universidade de Vigo

Programa de comunicación cuántica-Galicia. Ref. 1324-130476

REFERENCIA DA OFERTA 1324-130476

Data inicio solicitudes  05/06/2024
Data fin solicitudes  11/06/2024

Contrato de duración determinada: 10 meses

Traballo a realizar

Investigador científico senior en tecnoloxía de comunicación cuántica.

Funcións a realizar

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:

  • Xestionar o traballo dun laboratorio de tecnoloxía cuántica, centrándose principalmente nas tarefas do día a día.
  • Solicitar axudas de investigación nacionais e internacionais.
  • Supervisión da adquisición de material científico.
  • Deseño e supervisión da instalación dun laboratorio de tecnoloxía cuántica.
  • Investigación de novos protocolos cuánticos para implementar experimentalmente.
  • Supervisión da redacción e publicación dos resultados científicos en revistas científicas.
  • Redacción de informes para proxectos europeos.
  • Soporte de laboratorio para as diferentes tarefas que involucran ataques e contramedidas a sistemas QKD.

Titulación requirida: Título universitario de Doutor preferentemente nas áreas de Física, Comunicacións Cuánticas ou Óptica.

Retribución bruta mensual: 5.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 13/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN