REFERENCIA DA OFERTA 1324-130482
Data inicio solicitudes | 05/06/2024 |
Data fin solicitudes | 11/06/2024 |
Contrato de duración determinada: 10 meses
Traballo a realizar
Investigador senior dedicado á análise experimental da seguridade dos protocolos de distribución cuántica de clave.
Funcións a realizar
As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:
- Ler literatura científica na área da comunicación cuántica e dos sistemas cuánticos de distribución de clave.
- Analizar a seguridade destes sistemas e desenvolver unha metodoloxía para a súa certificación fronte a imperfeccións.
- Producir publicacións científicas que acrediten investigacións independentes.
- Dotar un laboratorio experimental para á análise de seguridade e certificación de sistemas cuánticos de distribución de clave.
- Manter o equipamento do laboratorio en bo estado de funcionamento.
- Comunicarse co soporte técnico central e contratistas externos.
Titulación requirida: Doutor preferentemente nas áreas de Física, Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Electrónica ou Óptica.
Retribución bruta mensual: 3.450,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 28 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: