Universidade de Vigo

Responsable do grupo dedicado á análise experimental da seguridade dos protocolos de distribución cuántica de clave. Ref. 1125-151958

REFERENCIA DA OFERTA 1125-151958

Data inicio solicitudes  22/05/2025
Data fin solicitudes  04/06/2025

Contrato de duración determinada: 3 meses

Traballo a realizar:

Responsable do grupo dedicado á análise experimental da seguridade dos protocolos de distribución cuántica de clave.

Funcións a realizar:

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán, entre outras:
– Supervisar as operacións do laboratorio experimental dedicado á análise de seguridade e certificación de sistemas cuánticos de distribución de clave.
– Liderar e supervisar un programa de investigación para este laboratorio, incluíndo colaboracións nacionais e internacionais.
– Buscar e seleccionar persoal científico para o laboratorio.
– Dirixir as teses de estudantes de doutoramento, mestrado e grao que traballen no laboratorio.
– Solicitar bolsas de investigación nacionais e internacionais

Titulación requirida: Título universitario de doutor preferentemente nas áreas de Física, Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Electrónica ou Óptica.

Retribución bruta mensual: 3.888,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 17 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO PÚBLICO DE MÉRITOS 11/25  PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DE INVESTIGACIÓN