REFERENCIA DA OFERTA 0925-152035
Data inicio solicitudes | 28/04/2025 |
Data fin solicitudes | 12/05/2025 |
Contrato de duración determinada: 18 meses e 15 días
4 prazas
Traballo a realizar:
Desenvolvemento dun sistema de control de actitude e determinación para satélites de órbita baixa mediante o uso de algoritmos de apuntamento por intelixencia artificial.
Funcións a realizar:
- Realizar estudos para a implementación de sistemas de control de actitude nun satélite e elaborar un estado da arte sobre sistemas baseados en intelixencia artificial.
- Desenvolver unha plataforma prototipo dun sistema de apuntamento e control de actitude a nivel hardware, empregando actuadores e tecnoloxías detectadas no estado da arte.
- Implementar software de control para os actuadores en Simulink ou outras ferramentas para o apuntamento satelital.
- Testear algoritmos de intelixencia artificial para o control de actitude e a determinación de posición.
- Desenvolver documentación para todas as fases de enxeñaría e verificar o cumprimento de requisitos en deseño, fabricación e probas dos prototipos.
Titulación requirida: Bacharelato/FP2
Retribución bruta mensual: 1.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Xornada laboral: 20 h/semana
Consulta toda a información no seguinte enlace: