Universidade de Vigo

Trusted framework for federated learning systems. Ref. 1624-135585

REFERENCIA DA OFERTA 1624-135585

Data inicio solicitudes  04/07/2024
Data fin solicitudes  10/07/2024

Contrato de duración determinada: 16 meses

Traballo a realizar

A persoa contratada incorporarase ao Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para traballar no proxecto TRUFFLES como parte do equipo de investigación.  A persoa contratada contribuirá á investigación e implementación de algoritmos de aprendizaxe federada e ao desenvolvemento de ataques á privacidade. O posto é compatible coa realización futura do doutoramento, no seo dun grupo punteiro a nivel internacional en seguridade multimedia e privacidade.

Funcións a realizar

  • Investigación en algoritmos de adestramento e agregación en entornos de aprendizaxe federada.
  • Investigación en ataques de inferencia.
  • Implementación dos algoritmos desenvolvidos e medida de rendemento.
  • Xeración de artigos para conferencias e revistas.

Titulación requirida: Máster ou equivalente en Enxeñaría Eléctrica/Telecomunicación, Informática, Matemáticas ou similar.

Retribución bruta mensual: 1.850,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Xornada laboral: 37.5 h/semana

Consulta toda a información no seguinte enlace:

CONCURSO DE MÉRITOS 16/24 PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR E DE APOIO Á INVESTIGACIÓN