O Centro de Investigación atlanTTic colabora coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo nunha nova edición de Oracle4Girls, talleres de ciencia e tecnoloxía para nenas impulsados pola empresa Oracle. Esta edición, celebrarase por primeira en vez en Vigo, na E.E. de Telecomunicación da UVigo, e será o sábado 22 de marzo de 2025. Nenas e rapazas de entre 4 a 16 anos poderán participar en diversos talleres deseñados para inspiralas a explorar o seu futuro nas ciencias e a tecnoloxía. Estes talleres buscan fomentar o interese polas carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e destacar as oportunidades no sector das TIC, onde as mulleres aínda están insuficientemente representadas.
Talleres
Organizaranse diferentes talleres para diferentes franxas de idade: 4-6 anos, 7-9 anos, 10-13 anos e 14-16 anos.
Programa de talleres:
- Ruta Semilla (4-6 anos): Máquinas simples e Beebots
- Ruta Raíz (7-9 anos): Minecraft e Micro:bit
- Ruta Tallo (10-13 anos): Micro:bit e Makecode
- Ruta Flor (14-16 anos): Detectives de imaxes e Cutebot
Axenda
- 10:00-10:15. Benvida e asignación de grupos
- 10:15-13:00. Talleres das diferentes rutas por idades (Lugar: Zona D, amplicación Teleco-Minas)
- 10:30-12:30. Charlas para pais e nais (Lugar: Salón de Graos da EET)
- Onde está e para que se usa a túa información cando vai “á nube”?
- Seguridade nos dispositivos móbiles
- 13:00. Fin da xornada
Queremos dirixirnos especialmente aos pais e nais, quen xoga un papel crucial na orientación e apoio das súas fillas cara a estas disciplinas. Nun mundo onde as tecnoloxías como a programación, a robótica, a intelixencia artificial e a realidade aumentada están a transformar o futuro, estes talleres non só brindan coñecementos técnicos, senón que tamén celebran o papel das mulleres que, con esforzo e dedicación, abriron camiño nestes campos. Nais e pais tamén poderán desfrutar da xornada cunhas charlas divulgativas sobre o uso das tecnoloxías en familia.
Unha oportunidade para motivar e empoderar ás novas xeracións de mozas a converterse nas líderes tecnolóxicas do mañá.
Bus de recollida opcional (gratuíto)
- Saída Fronte ao antigo Reitorado (Areal) 9.15 h.
- Parada Praza de España (Quiosco) ás 9.25 h.
- Parada Praza América (Parada de bus fronte ao pabellón das Travesas) 9.35 h.
- Chegada á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ao redor das 10.00 h.
- Bus de regreso ao final do evento cara a 13:10 (mesmas paradas).
Organiza:
Colabora: