Nos últimos anos, o traballo de investigación do grupo foise orientando cara ao desenvolvemento de metodoloxías transversais para a personalización, recomendación e adaptación de contidos, baseada en tecnoloxías semánticas. Neste ámbito o grupo participou e dirixiu proxectos piloto para a construción de servizos personalizados en diferentes dominios de aplicación como o turismo, a publicidade, os contidos audiovisuais e os contidos educativos.
Máis recentemente, o interese do grupo diríxese tamén cara á combinación da potencia das metodoloxías de razoamento semántico e as de participación social derivadas das tecnoloxías da Web 2.0.
O financiamento destas liñas de investigación veuse obtendo a través de contratos con empresas do sector e, maioritariamente, a través de proxectos de investigación obtidos en convocatorias públicas competitivas da Xunta de Galicia, o Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación, os programas PROFIT e AVANZA do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e a Unión Europea a través de diversos programas.
Liñas de investigación
- Web semántica.
- Modelado de usuarios.
- Sensibilidade ao contexto.
- Sistemas recomendadores.
- Personalización, crowdsourcing e crowd computing.
- Redes sociais tradicionais e esporádicas.
- Computación en nubes distantes e de proximidade.