Universidade de Vigo

Desde a súa fundación no 2010 o Centro de Investigación atlanTTic actúa como catalizador da innovación na súa contorna, colaborando estreitamente cos distintos axentes da cuádruple hélice e consolidando un polo de referencia en tecnoloxías de telecomunicación e servizos dixitais grazas, entre outras, a diferentes iniciativas tractoras impulsadas polo seu persoal investigador.

Iniciativas

Vigo Quantum Communication Center (VQCC)

O Vigo Quantum Communication Center (VQCC) adscrito ao Centro de Investigación atlanTTic no seo de la Universidade de Vigo e financiado a través dos Plans Complementarios en Comunicacións Cuánticas, ten como obxectivo converterse nun instituto líder en investigación na comprensión e no desenvolvemento das tecnoloxías de comunicación cuánticas, que terán un papel principal na futura industria das telecomunicacións.

A través desta iniciativa atraerase persoal científicos de clase mundial, investigadores e investigadoras posdoutorais e estudantes de posgrao e pregrao en física, enxeñaría, matemáticas e informática a España, para abordar problemas científicos fundamentais clave na vanguarda da comunicación cuántica e as importantes aplicacións nela, nun ambiente colexiado, colaborativo e motivador.

Á súa vez, promoverá a formación dunha forza laboral cuántica de estudantes de doutorado e mocidade científica nun ambiente de investigación verdadeiramente internacional, brindándolles oportunidades sobresaíntes de capacitación a través de proxectos de investigación práctica, cursos especializados e seminarios, e acceso a infraestruturas experimentais a nivel internacional; todo isto guiado por expertos líderes internacionais no campo.

Co obxecto de consolidar este polo de investigación e innovación tamén se promoverá, baixo un enfoque interdisciplinar e colaborativo, a construcción de asociacións sólidas e duradeiras con industrias seleccionadas estratexicamente, universidades, centros tecnolóxicos e o sector público, para traducir os achados científicos e a experiencia no desenvolvemento de novas tecnoloxías cuánticas para aplicacións prácticas en seguridade de datos na era cuántica.

VQCC

IP do centro:
Marcos Curty

Institución financiadora:
Ministerio de Ciencia e Innovación a través de Planes Complementarios NextGeneration EU e Xunta de Galicia

Presuposto total financiado: 
73 M€ (54 M€ MCIN, resto de comunidades autónomas Madrid, Cataluña, País Vasco, Galicia, Castela e León, e Valencia, así como o CSIC)

Presuposto do centro:
7.689.349 €

Prazo de realización:
1/01/2022 – 18/11/2024

Convocatoria UNICO I+D 6G 2022

Nos últimos anos, o Centro de Investigación atlanTTic reforzou as súas capacidades de investigación cunha infraestrutura de referencia para a l+D+i en tecnoloxías 5G que inclúe un laboratorio de redes dotado de equipos de última xeración.

Mediante a participación nos Pilotos 5G impulsados por Red.es e o convenio suscrito coa AMTEGA (Xunta de Galicia), este laboratorio dotouse dunha rede privada 5G SA e diversos terminais de enxeñaría e comerciais con capacidades 5G que permitiron realizar experimentos e desenvolver casos de uso para contornas industriais, sistemas de visión artificial, telecontrol de robots e control na Edge para drones, entre outros.

No marco da convocatoria “UNICO l+D 6G 2022” atlanTTic recibiu financiación competitiva para explotar as súas capacidades de l+D+i en tecnoloxías beyond 5G e 6G mediante a despregadura dunha rede de campus 6G para investigación, innovación e experimentación avanzadas. Esta dotación permitirá prover dun espazo de experimentación único a nivel internacional para servizos 5G/6G permitindo a análise e avaliación das dimensións de seguridade, privacidade e confianza que son necesarias para a explotación destas redes e servizos nos sectores de transporte intelixente e de industria 4.0.

Neste contexto, o Centro recibiu cerca de 5M€ en concepto de financiación competitiva para a instalación dunha rede 6G ultradensa no Campus da Universidade de Vigo (Proxecto “DEN6. Espazo experiemental piloto por software, dinámico e actualizable para redes 6G ultradensas”) xunto con diverso equipamento de xeración, test e medida (Proxectos “DEEPG. Equipamento para a análise profunda da capa física e os protocolos dos sistemas de comunicacións 5G e posteriores” e “Sistema de rango compacto para a proba e media 5G NR e xeracións posteriores”), que permitirá cubrir o Campus Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo cunha rede densa de puntos de acceso 5G implementados con tecnoloxías de redes definidas por software (SDR) e 0-RAN, interconectados con tecnoloxías de redes definidas por software (SON) ópticas de alta capacidade, e integrados cunha infraestrutura de virtualización que permita a implementación de funcións de rede virtualizadas tanto no núcleo da rede, como nas localizacións Edge ou nos elementos intermedios. Ademais, esta financiación permitirá dotar ao Centro dunha serie de equipamento de última xeración para o testeo e experimentación en tecnoloxías beyond 5G e 6G.

O proxecto DEN6 propón unha infraestrutura que implementa unha rede 5G completamente funcional sobre a que realizar experimentos arredor de novos protocolos de xestión de handovers, de mobilidade de aplicacións Edge acompañando aos terminales de usuario, de novas técnicas de Network Slicing dinámico, etc. Ademais, o feito de estar implementada con tecnoloxías SOR e SON permitirá estendela de forma sinxela incorporando novas tecnoloxías (rede de acceso con ondas milimétricas, novas arquitecturas para o backhaul e o núcleo de rede, etc.). Con isto, estenderanse as actuais capacidades en 5G cunha rede de comunicación extremo a extremo, completamente funcional, que permitirá realizar experimentos das funcións máis avanzadas das redes 5G e 6G, así como o estudo de distintas “verticais” de comunicacións (centro comercial, zona residencial, zona forestal/rural, estradas, industria, etc.), polo que se propón realizar unha despregadura en gran parte do campus universitario de Vigo, ofrecendo aos usuarios de OEN6 distintas contornas de experimentación xunto cunha poboación aberta á participación en experimentos (alumnado, profesorado, persoal de administración, etc.).

Institución financiadora:
Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital

DEN-6

Investigador principal:
Felipe Gil Castiñeira

Financiación acadada: 
1.949.784,00 €

Prazo de realización:
1/01/2023 – 30/06/2025

DEEPG

Investigador principal:
Felipe Gil Castiñeira

Financiación acadada: 
1.742.276,00 €

Prazo de realización:
1/01/2023 – 30/06/2024

Sistema de rango compacto para medida de antenas B5G e 6G

Investigador principal:
Manuel García Sánchez

Financiación acadada: 
1.024.989,00 €

Prazo de realización:
01/01/2023 – 07/03/2025