É doutor en Enxeñaría de Telecomunicación (2016), enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade de Vigo (1999) e enxeñeiro técnico industrial polo ICAI (1994). Ademais, posúe un Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos Non Tripulados e un Máster en Enxeñaría de Radiocomunicación e Electromagnética.
Traballou durante 5 anos como enxeñeiro de proxectos na Universidade de Vigo participando en diversos proxectos de guerra electrónica para a Armada Española, en colaboración con INDRA. Foi xerente e director técnico durante 15 anos en dúas empresas dedicadas ao deseño e fabricación de dispositivos para o control dixital do fogar e a eficiencia enerxética, así como ao desenvolvemento e execución de proxectos e instalacións domóticas innovadoras. Nos seus últimos 10 anos, como profesor-investigador do Centro Universitario de Defensa da Escola Naval Militar de Marín, participou en diversos proxectos de investigación relacionados con sistemas de guerra electrónica para a Armada, técnicas de radar pasivo e intelixencia artificial para o recoñecemento do sinal.
Actualmente é Profesor Doutor no Centro Universitario de Defensa da Escola Naval Militar de Marín, onde tamén é coordinador do Laboratorio de Investigación de Radar e Comunicacións do Centro.
A traxectoria investigadora do doutor Núñez céntrase no campo do radar, as comunicacións, a guerra electrónica e os UAV. Actualmente está a investigar técnicas de IA para a clasificación de emisións de radar, técnicas de radar pasivo e o uso de UAV para obter medicións RCS de buques e patróns de radiación da antena a bordo.