Enxeñeiro de Telecomunicacións especializado en Telemática dende 2020 pola Universidade de Vigo, actualmente é investigador predoutoral no Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) con bolsa FPU dentro do programa de doutoramento DocTIC. Os seus intereses céntranse na computación distribuída de arquitecturas Cloud-Fog-Edge-Mist para o Cloud-to-Edge Continuum, así como redes sen fíos e LPWAN, especialmente LoRa/LoRaWAN e 5G, para contornas IoT. Ademais, participou en diversos proxectos de investigación como NextPerception ou ELEMEND, financiados pola Unión Europea dentro dos programas H2020 e Erasmus+, respectivamente. Gran entusiasta da internacionalización, realizou intercambios Erasmus en Grenoble (Francia) e Lovaina (Bélxica), e estancias de investigación en Taipei (Taiwán), Porto (Portugal), Oulu (Finlandia) e Washington DC (EEUU).