José Vázquez Cabo licenciouse como Enxeñeiro de Telecomunicacións (2005) pola Universidade de Vigo, especialidade en Telemática. Colaborou estreitamente co Grupo de Antenas no Laboratorio de Comunicacións Ópticas, onde máis tarde impartiu clases. Comezou a súa carreira laboral en REC7 S.L. (2005-2007) continuando a súa formación en temas relacionados coa súa especialidade e compaxinando a dita actividade coa docencia no laboratorio de Fundamentos de Informática II como profesor convidado (curso 2005-2006) do Departamento de Telemática da E.E.T da Universidade de Vigo. Posteriormente iniciou un período de 3 anos en Colabora Ingenieros S.L. (2007-2010) desenvolvendo a súa actividade en diferentes ámbitos (deseño, integración e xestión de redes LAN-WLAN-WiMAX, VoIP, radioenlaces, mantemento de equipos de telefonía móbil, etc.). Dende outubro de 2010 incorporouse ao Grupo de Antenas como PDI, desempeñando as súas funcións dentro do Laboratorio de Medidas Radioeléctricas (LMR).